A Costa da Morte e A Mariña de Lugo reducen un 15% o 'stock' de vivenda dispoñible

Segundo Idealista, a caída eleva prezos na costa, ata un 14% máis nalgunhas zonas.

Por E.P. | MADRID | 27/06/2023 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

A oferta de vivendas en venda reduciuse en 19 das 22 provincias costeiras de España no último ano, o que provocou unha subida dos prezos que se deu sobre todo na Costa do Sol, onde os prezos se incrementaron un 14% este ano respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo un estudo publicado por idealista.

Séguenlle as subidas das zonas costeiras de Baleares (+12%), a Costa Branca alacantina (+11%), a Costa de Luz de Cádiz (+11%) e as zonas costeiras de Santa Cruz de Tenerife (+10%). Soamente a Costa Verde asturiana mantivo os prezos estables.

MAIOR CAÍDA DE STOCK

Respecto de laz zonas costeiras españolas que viviron unha maior caída da vivenda dispoñible, na zona costeira de Santa Cruz de Tenerife produciuse a maior redución de vivenda en 'stock' de toda España, cun 30% menos.

Séguenlle a Costa de Valencia, cun 18% menos de vivenda dispoñible; mentres que A Costa da Morte na Coruña, a Costa da Luz en Huelva e a costa da Mariña Lucense foron as tres zonas nas que se reduciu un 15%.

Foto de recurso
Foto de recurso | Fonte: Arquivo - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta