Decaen as listas de Partido Comunista dos Traballadores (PCTG) e Soberanía Cidadá ás eleccións do 23X

Galicia contará con 38 listas ao Congreso, oito menos que hai catro anos. No senado serán 34 as listas fronte ás 44 de 2019.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2023 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

As catro circunscricións galegas contarán finalmente con 38 listas de 11 opcións políticas para elixir deputados ao Congreso nas eleccións xerais do próximo 23 de xullo, ao non ser proclamadas un total de catro (tres na provincia da Coruña e unha na provincia de Pontevedra). Na cita electoral de fai catro anos rexistráronse 46.

En canto ao Senado, as xuntas electorais provinciais deron luz verde a todas menos a tres, que non quedaron validadas, segundo os datos recompilados por Europa Press do Boletín Oficial do Estado (BOE). Desta maneira, quedaron proclamadas 34 listas das 37 presentadas inicialmente, fronte ás 44 de 2019.

Desta maneira, a provincia da Coruña queda con oito listas, fronte ás 11 presentadas inicialmente. No caso da Cámara Alta, hai dúas listas menos (de nove a dous).

Así, para a Cámara Baixa, non foron proclamadas as candidaturas: 'Soberanía Cidadá. O autogoberno cidadán. Estado do cidadán'; Por un mundo máis Xusto (PUM+J) e a do Partido Comunista dos Traballadores (PCTG). Nestes dous últimos casos, tamén decaeron nas súas propostas para o Senado.

A outra circunscrición onde hai cambios é a de Pontevedra, na que novamente o Partido Comunista dos Traballadores (PCTG) perde a súa lista tanto ao Congreso como ao Senado, o que deixa á provincia con nove e oito opcións, respectivamente, o próximo 23 de xullo.

O resto das candidaturas confirmáronse por parte das xuntas electorais provinciais, de maneira que haberá sete formacións políticas que se presenten no catro circunscricións galegas (inicialmente eran oito) tanto para o Congreso como para o Senado. Trátase de: PP, PSdeG, BNG, Sumar Galicia, Vox, Pacma e Por un mundo + xusto. Con respecto a 2019, desaparece Cidadáns.

O presidente dunha mesa elecotral fronte a unha urna de votación nas eleccións
O presidente dunha mesa elecotral fronte a unha urna de votación nas eleccións | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta