Construiámolo entre tod@s

Xa queda menos para á muiñada de maio. Levamos feito unhas cantas probatorias coa nosa delegación na representación e xa temos probas dabondo, que non podemos delegar para sempre. O cambio de chegar, virá da man da veciñanza.

Por Fermín Paz | As Pontes | 08/04/2015

Comparte esta noticia
 O voto  é unha ferramenta ao servizo da razón e dos sentimentos. As eleccións non deixan de ser unha suma de vontades, aínda que, teñan  trucaxes de partida. Á competencia  sempre é imperfecta e no remate do proceso, dúas mas dúas para algunhas organizacións, suman sete. Só teño un voto  e aproveitareino para darlle á utilidade na que acredito. Á miña escolla no vindeiro proceso electoral, foi feita logo da seguinte análise,
 
¿Cantas veces preguntámonos, fun, ou  leváronme?¿Cantas veces cambiamos o noso  voto por esperanza?¿Cantas veces deixamos facer?¿Cantas veces o dá igual converteuse en filosofía?¿Cantas veces deixamos as rendas das nosas vidas en mans sen pegada?¿Cantas veces? ¿Cantas?
 
Unha vez máis seremos chamados a delegar e unha nova pregunta que engadir. ¿Algún dia, chegará  unha resposta? A confianza na saqueta chea de vontades incumpridas rachará con expectativas, con  previsións, con razoamentos, namentres @s mandaríns de sempre aínda seguen co seu, seu,...,
 
Acomodáronse. A súa visión no mesmo eixe deixa a percepción da realidade  con trucaxe e  os seus ollos seguen sempre as mesmas indicacións da súa razón murcha. Do centro á dereita ou á esquerda fose fin do camiño, ideoloxía ou elección, así era a xeometría política da construción que se forxou na transición e materializouse en comportamento disque de non ver abaixo. A crise, fixo a denuncia, só miraban cara aos seus pés para non bicar ao chan.
 
De súpeto, todo parece pernas  arriba. E mentres o de abaixo, emerxe, os de sempre seguen a turrar coa súa visión nubrada, distorsión de cristais raiados, gretados, vellos. A realidade sempre foi unha espiral.  Abondaría con esta explicación sinxela, pero seguen coa súa festa e a música deu paso á traxedia do abandono para expresar sentimentos gardados, calados no silencio do poder 
 
Agora dan voltas sobre si mesmos  no baile da buxaina,  sen imaxinarse no chan por moito tempo, acreditan pouco na razón  e moito na tripeirada da súa utilidade para darlles licenza  catro anos máis e  a  corda lanzadeira do apoio electoral fica rachada polas  “cantas veces”
 
Agora a perspectiva do arriba e o abaixo  que nunca foi considerada pola ciencia das enquisas e da ortodoxia dunha soa dimensión, aparece no escenario para rematar coas verbas sen contido e seica, para darlle sentidiño á cousa pública. Gustaría,  dunha  lección maxistral da veciñanza que acredita dunha limpeza democrática
 
Non é doado interpretar a nova partitura  pola orquestra do afundimento. Tocan sen desmaio. A súa teima é seguir, de aí a descualificación, o insulto en toda a escala natural do clan ao que pertencen. Onte sentino deste xeito no baile das costumes de tantas e cantas veces. Hoxe, a forza  dos acontecementos afúndeos un pouco máis na súa Icaria desexada do arriba. Prepáranse para o rescate desde o Centro  Recentralifederado da Imposición (CRI). O seu instinto de conveniencia faralles virar e revirar de novo á dereita, ao centro ou á esquerda para sobrevivir, ¡coidadiño!, eles non afogarán, 
 
A dialéctica deixará de novo ao descuberto a principal contradición na nosa terra, non abonda co abaixo en confronto co  de enriba. É un atallo sen saída. Terán que recuar. Precisamos da nova música da gaita que se faga oír na xordeira do resistencialismo. A diversidade nacionalista é unha suma non un atranco
 
Esta tería que ser, é, a elección, de tantos e cantas que  se senten ceibes para ser e para decidir. Só quixen achegarvos unha posible resposta  e que ledicia sería escoitar o chamado dos bos e xenerosos, ¡ galeg@s!, a terra precisa dun proxecto concreto de nación, construïámolo entre tod@s

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Fermín Paz A miña actividade política e social ven do ano 1970. Militei e tiven responsabilidades en organizacións do nacionalismo galego a nivel local, comarcal e nacional. A nivel Internacional, Secretario Xeral da Unión Internacional de Sindicatos da Enerxía-Química e Petróleo e da Comisión Executiva dos Sindicatos da Enerxía- Química e do Petróleo da rexión Europea-Paises árabes. Secretario Xeral da Asociación Internacional Droit á l´énergie-Sos Futur con sede en Paris e representante da Ong no Consello Económico e Social da ONU. Na actualidade estou xubilado e fago colaboracións en revistas, publicacións e Foros Internacionais de análises política ou sindical.