Traballadores do centro loxístico de Pull&Bear en Narón concéntranse para reclamar unha subida salarial do IPC

Os traballadores da empresa do grupo Inditex tamén piden máis tempo libre.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2023 | Actualizada ás 17:21

Comparte esta noticia

Os traballadores da plataforma loxística que a empresa Pull&Bear ten no polígono industrial de Río do Pozo, en Narón (A Coruña), concentráronse na tarde deste martes, 27 de xuño, ás portas deste centro para reclamar unha subida salarial conforme ao IPC e tamén para pedir da empresa do grupo Inditex máis tempo libre.

A presidenta do comité de empresa, Natalia Santalla, detallou que se está negociando un novo convenio de empresa, que finalizou 2022, pero que as últimas semanas os avances paralizáronse.

"Estamos nun punto morto porque a empresa o que nos quere quitar é a cláusula que temos actualmente no noso pacto de referencia do IPC, quérenola modificar", dixo Santalla, o que suporía que de levarse a cabo esta modificación, "a empresa o que faría sería que os traballadores perdesen poder adquisitivo, porque non quere actualizar as táboas anualmente, senón ao final da vixencia do pacto".

Un cartel dunha tenda Pull & Bear, do grupo Inditex
Un cartel dunha tenda Pull & Bear, do grupo Inditex | Fonte: A. Pérez Meca - Europa Press

Por outra banda, os traballadores tamén reclaman "máis tempo libre, máis descanso", é dicir, que as horas de descanso que actualmente teñen a partir dos 54 anos adiántense aos 50. "Actualmente temos, a partir dos 54 anos, 74 horas retribuídas e o que pedimos é que se nos dean a partir dos 50 anos", dixo Natalia Santalla. A empresa, pola súa banda, "propón que as daría a partir dos 60 anos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta