Budiño quere "descolocar" co seu novo disco

"Blanca Varela" é o oitavo álbum do cantante e compositor. Nel contará cas voces de Guadi Galego, Leilía ou De Vacas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/06/2023 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

O músico e compositor Budiño publica "Branca Vela". Este será o seu oitavo álbum no que busca “descolocar de novo” ao seu público cunha mistura entre a percusión tradicional e unha electrónica orgánica”. A todo isto haille que sumar por unha banda, a presenza de grandes voces do panorama galego como son Guadi Galego, Leilía ou De Vacas, e por outra a colaboración para as letras de grandes persoeiros da literatura galega coma Manuel Rivas e Antía Otero.

Budiño
Budiño | Fonte: Equipo de Budiño

Neste novo disco, a protagonista principal será a percusión, mediante o uso da gran variedade de elementos tradicionais que cumplen esta función e que irán fusionados cos seus característicos sons electrónicos. “Busco acadar, despois de moitos anos, que a xente nova esté bailando nos concertos. Quería facer un repertorio que incitara a bailar, pero que fora diferente, de composición propia e con letras interesantes” indica Budiño.

Pero non só a percusión será importante, a voz estará presente na meirande parte dos temas (en todos excepto no último) pero concebindoa como un instrumento máis. Ademais cabe salientar que todo este novo proxecto está producido por él mesmo, dende a gravación de percusión, o tratamento das voces ou incluso a masterización dos temas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta