Fan falta máis centros de información á muller nos municipios do rural

O 26% dos municipios galegos non dispoñen desta atención

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2023 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

O 26% dos municipios de Galicia non dispón da atención de ningún centro de información á muller (CIM), segundo un estudo da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). A maioría destes concellos están no rural e están mal comunicados cos concellos que si contan con este servizo.

Neste sentido, a Fegamp sinala que, "no actual contexto no que a loita contra a violencia machista ten que seguir sendo unha constante en todas as políticas públicas ata a súa erradicación", débese "mellorar a coordinación das administracións" para garantir unha atención adecuada, especialmente no rural.

A este respecto, apunta que a lei galega para a igualdade entre mulleres e homes, que se atopa en tramitación, é unha oportunidade "inmellorable" para dotar a necesaria cobertura legal o reforzo de labor dos CIM.

O 70% das mulleres galegas están cubertas por un servizo específico de CIM na súa localidade. Un 8% queda sen ningún tipo de servizo e un 17% só ten cobertura na súa área de influencia.

As provincias de Pontevedra e Lugo son as que presentan máis necesidade pola alta concentración de municipios sen ningún tipo de servizos. Os concellos de menos de 5.000 habitantes e os que teñen entre 5.000 e 20.000 presentan "importantes deficiencias" na cobertura dos CIM, cun gran número sen servizo específico.

Mapa de CIM en Galicia. FEGAMP
Mapa de CIM en Galicia. FEGAMP | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta