Cólleno "in fraganti" provocando un incendio forestal en Seixalbo

Foi un policía autonómico fóra de servizo o que detivo o delincuente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2023 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

Un axente da Policía Autónomica sorprendeu na tarde do pasado mércores a un home no momento no que provocaba un incendio forestal na parroquia de Seixalbo, no municipio de Ourense.

O policía, fóra de servizo, atopábase pola zona cando recibiu un aviso de que había unha persoa causando un lume que afectou unicamente a 0,15 hectáreas de superficie arboredo, segundo informou este venres a Xunta.

O axente logrou reter ao incendiario ata a chegada dunha patrulla da unidade adscrita á Comunidade autónoma e deu a voz de alarma para o envío de efectivos anti incendios ao lugar. Ata a zona desprazáronse dous axentes, tres brigadas e unha motobomba que sufocaron as chamas, provocadas nunha tarde na que a área de Ourense estaba en moi alto risco de incendio polas condicións climatolóxicas.

A Policía Autonómica tomou declaración ao presunto autor do lume para a elaboración de dilixencias que foron trasladas ao xulgado de instrución número 2 de Ourense, en funcións de garda. A Xunta destacou que, no que vai de ano, un total de 13 persoas foron investigadas pola súa responsabilidade en incendios forestais.

Incendio provocado en Seixalbo, Ourense.
Incendio provocado en Seixalbo, Ourense. | Fonte: XUNTA - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta