Renuncia a fiscal de Violencia de Xénero en Galicia

Rosalina Carrera alegou razóns de carácter persoal ao ser nomeada tenente fiscal da Fiscalía de Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2023 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este luns, día 3 de xullo, a renuncia de Rosalina Carrera Cotado como fiscal delegada de Violencia sobre a Muller en Galicia. O BOE detalla que Rosalina Carreira presentou o pasado 18 de maio a renuncia ao cargo alegando razóns de carácter persoal ao ser nomeada tenente fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Carrera Cotado foi nomeada en xaneiro de 2018 como fiscal delegada para a Violencia de Xénero en Galicia polo entón fiscal xeneral do Estado, Julián Sánchez Melgar a proposta da Unidade Especializada de Violencia sobre a Muller e da Fiscalía Superior de Galicia.

Ata entón, exercía como delegada da mesma especialidade no ámbito da provincia de Pontevedra. Co seu nomeamento converteuse na primeira delegada de rango autonómico nesta materia e tivo funcións como a supervisión e coordinación dos fiscais especialistas en violencia de xénero que traballan en Galicia, ademais de servir de ligazón coa Fiscalía de Sala dependente da Fiscalía Xeral do Estado.

Rosalina Carrera cando asumiu la Fiscalía de Violencia sobre la Mujer en Galicia.
Rosalina Carrera cando asumiu la Fiscalía de Violencia sobre la Mujer en Galicia. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta