Un xulgado obriga a Froiz a readmitir "inmediatamente" a unha traballadora tras declarar nulo o seu despedimento

Denegoulle a adaptación do posto de traballo ás súas limitacións físicas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2023 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

O xulgado do social número 4 da Coruña estima a demanda dunha traballadora contra Distribucións Froiz e declara nulo o despedimento de que foi obxecto o pasado ano. Así, condena á empresa a que a readmita "inmediatamente" con abono dos salarios deixados de percibir.

Ademais, o xulgado tamén condena á compañía demandada ao abono á traballadora dunha indemnización de 7.501 euros por razón de vulneración do dereito á non discriminación por razón de discapacidade. E é que, segundo destaca a CIG nun comunicado, Froiz terá que readmitila despois de denegarlle a adaptación do posto de traballo ás súas limitacións físicas.

A traballadora prestaba servizos na sección de carnicería e foi diagnosticada de tendinite de Quervain. Os informes da mutua e os da Seguridade Social desaconsellaban movementos repetitivos, pero a empresa "fixo caso omiso", critica a central nacionalista. Pouco despois de solicitar ela o cambio de posto á sección de frutería, Froiz decidiu despedila por motivos disciplinarios alegando "unha baixada de rendemento".

Supermercado do Grupo Froiz
Supermercado do Grupo Froiz

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta