Sae ileso dun accidente en Maside un rioxano sen carné vixente que deu positivo en alcol e drogas

Tras saírse da vía envorcou o vehículo no quilómetro 79 da AG-53.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 08/07/2023 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

Un veciño da Rioxa, de 53 anos de idade, saíu ileso dun accidente de tráfico tras saírse da vía e envorcar no quilómetro 79 da AG-53, a altura do municipio ourensán de Maside, ao redor das 17.15 horas.

Deu positivo en alcol, ao arroxar unha taxa de 1.09 miligramos por litro e deu positivo en cocaína e anfetaminas, probas que deberá confirmar o laboratorio.

Ademais, segundo informou a Garda Civil, o home, ao que se lle abriron dilixencias, tiña o carné suspendido e a ITV do coche caducada.

Así quedou o coche do rioxano que duplicou a tasa de alcol en sangue
Así quedou o coche do rioxano que duplicou a tasa de alcol en sangue | Fonte: GARDA CIVIL DE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta