Galicia recada un 14,3% menos polo imposto de contaminación atmosférica

A Xunta ingresa 100.000 euros menos en 2022 a pesar dos numerosos plans eólicos aprobados. O imposto mineiro sobe un 12,7%.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/07/2023 | Actualizada ás 15:41

Comparte esta noticia

A recadación polo chamado imposto de contaminación atmosférica "segue en descenso pasando de pouco máis de 0,9 millóns a pouco máis de 0,8 en 2022, o que supón un 14,3% de redución,  segundo o informe xeral de actividade da Axencia Tributaria de Galicia correspondente ao ano pasado.

Esta caída, explica a Axencia, trae causa nunha caída xeneralizada das emisións "en practicamente todos os contribuíntes deste tributo", indica. Pola contra, a recadación do imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga embalsada tivo un aumentou do 26,9%, ao pasar de 11,1 a 14 millóns de euros.

Aquí, "a diferenza débese a que neste ano foron recadadas unhas liquidacións que estaban suspendidas por recursos e que foron resoltas a favor da Atriga". A do canon eólico experimentou unha subida (+4%) ata situarse en 23 millóns de euros en 2022, "pequeno incremento" que "se debe" segundo o informe ao alta no censo de novos parques eólicos na comunidade.

Por último, o imposto compensatorio ambiental mineiro alcanzou cifras de recadación de 0,19 millóns en 2022, cun lixeiro incremento, do 12,7%.

BIZUM

A directora da Axencia Tributaria de Galicia, Victoria González, achegou datos sobre o uso de 'Bizum', desde maio e ata o 30 de xuño. En apenas dous meses "pagáronse 7.842 operacións por case 424.000 euros", resaltou, "fundamentalmente pagos de taxas, máis que de autoliquidacións ou liquidacións".

Pola súa banda, a 'app' da axencia "estará a disposición da cidadanía á volta das vacacións", segundo adiantou.

A Central térmica das Pontes  foi un dos grandes focos de contaminación de Galicia
A Central térmica das Pontes foi un dos grandes focos de contaminación de Galicia | Fonte: LEA PAZ - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta