A sanidade en verán en Galicia: "hai un plan e a atención vai ser boa"

O presidente galego pide "tranquilidade" e, sen decartar, "problemas puntuais", di que o Sergas está preparado xa para distintos contratempos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/07/2023 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Non haberá colpaso sanitario este verán. Desde a Xunta están convencidos de que a sanidade galega está preparada para calquera continxencia. Este xoves, o seu presidente, Alfonso Rueda, volveu insistir en que o Sergas xa planificou esta situación e todo está baixo control.

Os profesionais de Urxencias piden ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que 'apoie' a creación da súa especialidade
Os profesionais de Urxencias piden ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que 'apoie' a creación da súa especialidade | Fonte: Europa Press

"Sempre hai un plan estival preparado porque o descanso dos profesionais sanitarios é necesario. Hai picos nos hospitais e algúns problemas puntuais pero hai xa un plan de reforzo e xa hai prazas cubertas grazas ás medidas que a Xunta tomou nos últimos meses", dixo Rueda ao ser preguntado polas críticas dos distintos profesionais da sanidade pública que denuncian que a situación non marcha como o Goberno galego di.

"Non se pode negar que haxa problemas puntuais pero, en xeral, a atención durante o verán vai ser boa", insistiu o presidente galego sobre esta cuestión. De feito, sobre as denuncias no Cunqueiro e no CHUAC por falla de camas, Rueda destacou que, a pesar de ser un momento complicado polo verán, "o 100% das camas están dispoñibles para ser utilizadas se é necesario". Polo tanto, volveu a pedir "tranquilidade".

Sobre os problemas nas revisións oncolóxicas denunciadas no CHUS, o xefe do Executivo galego mantivo que, precisamente, a oncoloxía é unha das áreas que máis mima o Sergas. "Se algo demostrou a Xunta é a absoluta prioridade en atención oncolóxica e se se dera algún caso que non sexa correcto será corrixido polo Sergas canto antes porque a oncoloxía é prioritaria", dixo.

Sanitarios ante o novo sistema de quendas en Urxencias
Sanitarios ante o novo sistema de quendas en Urxencias | Fonte: EP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta