A decimocuarta reunión entre patronal e traballadores do metal de Pontevedra acaba con "avances mínimos"

Ambas as dúas partes cítanse para o vindeiro luns.

Por E.P. | VIGO | 14/07/2023 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

Empresarios e sindicatos do sector do metal da provincia de Pontevedra terminaron con "avances mínimos" e sen acordo a décimo cuarta reunión para tratar de pactar un novo convenio colectivo, polo que se citaron para o vindeiro luns, día 17 de xullo.

Tal como informou o representante de Comisión Obreiras, Celso Carnero, os avances neste encontro foron "mínimos", a pesar de que tanto a patronal como os sindicatos moveron " marcos" para tratar de achega posturas.

Con todo, Carnero subliñou que foron os representantes dos traballadores os que "moveron máis" a súa posición, ante uns empresarios que "polo menos este venres non tiñan intención de chegar a un acordo".

Desde Comisións Obreiras destacaron que os sindicatos propuxeron seguir negociando durante o fin de semana, sobre todo ao estar convocada unha folga indefinida a partir do martes, 18 de xullo. A pesar diso, os empresarios rexeitaron esta proposta.

"A maiores, ante o bloqueo, a inmobilidade e o pasotismo (da parte empresarial), imos solicitar a mediación do AGA (Procedementos extraxudiciais de solucións de conflitos de traballo) a ver se alguén pon cordura a todo isto", engadiu Carneiro en declaracións difundidas aos medios de comunicación, lamentando que noutras provincias a patronal si aceptou certos puntos no convenio que en Pontevedra non quere asinar.

PARTE EMPRESARIAL

Pola súa banda, o tres patronais asinantes do convenio (Asime Atra e Instalectra) puxeron en valor o achegamento de posturas proposto pola parte empresarial, que mellorou a súa proposta salarial, subindo desde o 2% ao 2,5% o aumento para este ano, que se sumaría ao 3% en 2024 e a outro 3% en 2025.

Ademais, ofreceuse a actualización salarial con revisión de IPC e unha redución de xornada de 12 horas, segundo destacaron nun comunicado, onde manifestaron que deben ser as partes as que alcancen un acordo e non contemplan ningún escenario de mediación, nin tampouco a inclusión da subrogación no texto do convenio (que é un dos puntos que mantén o documento sen asinar).

"A subrogación non ten xustificación algunha, o artigo 44 do estatuto dos traballadores xa protexe absolutamente a traballadores de calquera actuación irregular. Non é admisible levar a cabo ningún tipo de privilexio especial para un número reducido de traballadores, discriminando á amplísima maioría do sector", criticaron desde as patronais.

Manifestación da sexta xornada da folga do metal, a 7 de xullo de 2023, en Vigo, Pontevedra, Galicia (España).. Javier Vázquez - Europa Press
Manifestación da sexta xornada da folga do metal, a 7 de xullo de 2023, en Vigo, Pontevedra, Galicia (España).. Javier Vázquez - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta