Temas: SAúDE USC CIENCIA

Creados pola Cátedra Institucional Vida Saudable da USC os premios para TFG e TFM sobre vida saudable

O TFG ou TFM deberá estudar ou analizar aspectos desde a epidemioloxía, os factores explicativos, as estratexias de intervención ou os condicionantes legais, socioeconómicos ou culturais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2023 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

Co obxectivo de fomentar a difusión, o coñecemento e a práctica dun estilo de vida saudable, o Vicerreitorado de Transformación Dixital e Innovación da USC acaba de convocar a primeira edición do premio a Traballos Fin de Grao (TFG) e Fin de Master (TFM) da Cátedra Institucional Vida Saudable.

Poderán presentarse a este certame traballos das tres universidades públicas galegas que aborden o estudo dos estilos de vida saudables, principalmente sobre tabaco, alcol, dieta, exercicio físico, soño saudable e benestar emocional, tanto desde as Ciencias da Saúde, como das Ciencias, Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, ou Enxeñaría e Arquitectura. O prazo de presentación de candidaturas rematará o 6 de outubro.

O TFG ou TFM deberá estudar ou analizar aspectos desde a epidemiología, os factores explicativos, as estratexias de intervención ou os condicionantes legais, socioeconómicos ou culturais, e deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 8,5. É condición inescusable para os traballos presentados non obter ningún premio anteriormente.

O xurado valorará a orixinalidade do traballo (25%), as novidades das súas achegas ao coñecemento dos temas estudados (25%), a actualidade e calidade da súa metodoloxía (25%), as calidades formais dos textos como é o caso da calidade da redacción, maneira de presentar e estruturar a información e calidade do aparello gráfico, no caso de existir (15%), así como a relevancia e actualidade da bibliografía citada (10%).

Facultade de Medicina de Santiago de Compostela
Facultade de Medicina de Santiago de Compostela | Fonte: USC.

Temas: SAúDE USC CIENCIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta