Detectado en Ourense un caso de botulismo por consumo dunha tortilla de patacas envasada

O Grupo Palacios Alimentación decidiu retirar de forma voluntaria a súa tortilla de pataca envasada despois de que se asociara aos casos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/07/2023 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

Un dos catro casos confirmados en España de botulismo relacionado presuntamente co consumo dunha tortilla de patacas envasada correspóndese a un home de 48 anos de idade que estivo ingresado durante dúas semanas no Hospital de Ourense, con dez días na UCI e que foi dado de alta este luns.

Segundo informaron desde a área sanitaria ourensá, unha vez detectado o caso, a inicios do mes de xullo, o Servizo de Medicina Preventiva da área Sanitaria de Ourense levou a cabo unha investigación epidemiolóxica para establecer a orixe e notificou á Consellería de Sanidade o caso, dado que é unha enfermidade de declaración obrigatoria urxente.

Tras a notificación ao Sistema Nacional de Alertas de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade tívose coñecemento da confirmación de catro casos, e outros dous probables, en distintas comunidades autónomas.

A investigación epidemiolóxica estableceu un probable vínculo co consumo dunha tortilla envasada, para a que a Axencia Española de Seguridade Alimentaria xa emitiu unha alerta sanitaria. Sanidade procedeu a inmobilizar os lotes almacenados deste produto.

Tortilla de patacas
Tortilla de patacas | Fonte: Europa Press

O botulismo é unha enfermidade grave pero relativamente infrecuente causada por toxinas producidas por 'Clostridium botulinum'. Existen tres formas clínicas de botulismo: a forma clásica ou botulismo transmitido por alimentos, o botulismo intestinal e o botulismo por feridas. Todos eles dan lugar a parálise flácida pola acción da neurotoxina botulínica na unión neuromuscular.

O ministerio de Sanidade informou de que os casos confirmados correspóndense cunha muller de 23 anos e o seu pai de 61 que regresaron a Italia dende Valladolid o 1 de xullo consumindo a tortilla envasada o 30 de xuño e que iniciaron os síntomas o un e dous deste mes. Os outros dous casos residen en España, concretamente en Ourense e Asturias e trátase de dous homes de 49 e 50 anos que consumiron a tortilla o 19 de xuño e o 5 de xullo. Ambos requiriron tratamento nunha Unidade de Coidados Intensivos.

Ademias foron notificados tres casos probables pola Comunidade Valenciana, a Comunidade de Madrid e Andalucía, en tres persoas de 43, 49 e 27 anos que iniciaron síntomas o 21 de xuño, 10 de xullo e 1 de xullo respectivamente e con consumo de entre o 19 e o 5 de xullo. A persoa residente en Madrid requiriu tratamento nunha UCI. Polo momento non houbo ningún falecidoo entre os casos asociados a este brote.

SÍNTOMAS

O Ministerio de Sanidade lembrou que case todos os casos esporádicos e brotes teñen relación con produtos alimentarios preparados ou conservados por métodos que non destrúen as esporas e permiten a formación de toxina, habitualmente conservas caseiras.

Os síntomas do botulismo inícianse de forma aguda tras un período de incubación habitual de 12-36 horas, aínda que ás veces pode chegar a ser de varios días e ata 1 semana tras a inxesta do alimento. Canto máis curto é o período de incubación máis grave é a enfermidade e maior a letalidade. A clínica consiste nunha neuropatía bilateral asociada a unha parálise ou debilidade simétrica descendente flácida producida pola acción da neurotoxina botulínica.

No botulismo transmitido por alimentos, aínda que a persoa pode presentar síntomas gastrointestinales como náuseas, vómitos ou diarrea, os síntomas iniciais son unha marcada astenia, debilidade e vertixe seguidos de visión borrosa, boca seca, dificultade para tragar e para falar como consecuencia da afectación pola toxina dos pares craniais. A parálise dos músculos respiratorios pode requirir a instauración de ventilación mecánica. A maioría dos casos recupéranse se son diagnosticados e tratados precozmente.

GRUPO PALACIOS

Grupo Palacios Alimentación decidiu retirar de forma voluntaria e por precaución os seus produtos de tortilla de pataca envasada, despois de que se asociaran a varios casos de botulismo. A empresa indicou que adoptou "todas as medidas necesarias para detectar unha posible causa", a pesar de que as instalacións da fábrica na que se produce o prato, que detivo temporalmente a súa fabricación, foron inspeccionadas ata en catro ocasións recibindo un resultado "favorable" por parte das autoridades sanitarias.

Aínda que a Axencia Española de Seguridade Alimentario e Nutrición (AESAN) "non puido establecer unha evidencia, nin nos produtos nin nos procesos, que relacionen causa efecto", o grupo empresarial solicitou aos consumidores que adquirisen un destes produtos que se absteñan de consumilo e devólvano ao punto de venda no que o adquiriron para que reciban un reembolso do importe.

Así mesmo, a compañía subliñou que a seguridade alimentaria é "prioritaria" para o grupo empresarial, que leva a cabo de maneira regular análise de control. Con todo, Palacios Alimentación, que pediu desculpas aos seus clientes polas molestias, aseverou que está a colaborar coas autoridades sanitarias "para aclarar este episodio canto antes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta