División sindical no sector do metal, CCOO vota en contra

Bastaría co 'si' de UGT e CIG para rematar coa folga.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 21/07/2023 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

O 59% dos afiliados e delegados de Comisións Obreiras (CC.OO.) votou 'non' ao preacordo do novo convenio do metal da provincia de Pontevedra, o que deixa no aire a firma do devandito pacto coa patronal, aínda que bastaría co 'si' de UGT e CIG.

Segundo informou o secretario xeral de CC.OO. Industria en Vigo, Celso Carneiro, só un 41% dos votantes do sindicato validou o acordo, polo que a organización non ratificou o pacto. Con todo, o resto de sindicatos si o fixo, con máis dun 92% de votos afirmativos no caso da CIG.

"Ante este resultado o tres sindicatos deberemos falar nos próximos días para ver se o asinan eles dous ou seguimos no conflito", indicou Carneiro. Un conflito que supuxo máis de seis meses de negociación, 15 reunións entre sindicatos e patronal e seis xornadas de folga ata chegar a un preacordo o pasado luns, supeditado a aprobación por parte dos traballadores.

Entre outros "avances", o acordo contempla un incremento salarial do 9% en tres anos (3% cada exercicio), con ata un máximo dun 2% adicional anual se o IPC estivese por encima da subida acordada. Ademais, pactouse unha redución de 16 horas da xornada anual e un día adicional de vacacións, que pasarán a ser 23.

Traballadores de UGT e CIG votaron 'si' ao preacordo que alcanzaron os seus representantes. Con todo, CC.OO. dixo 'non', quedando no aire a firma definitiva do convenio.

Manifestación da sexta xornada da folga do metal, a 7 de xullo de 2023
Manifestación da sexta xornada da folga do metal, a 7 de xullo de 2023 | Fonte: Javier Vázquez - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta