Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2023 | Actualizada ás 14:20
As reservas hoteleiras de Santiago de Compostela rexistran un crecemento considerable con motivo da véspera e día grande a festa do Apóstolo, 24 e 25 de xullo, que alcanzan cifras entre o 84% e o 86%.
A chegada multitudinaria de visitantes repercutiron na vida comercial e hostaleira local con cifras próximas ao que denominan como "cheo hoteleiro". O presidente da Asociación de Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, detallou a Europa Press que a ocupación hoteleira prevista a semana pasada era do 80% para estas datas festivas.
"Estamos fronte a un mes de xullo atípico. A xente non consome como outros anos, conteñen o gasto, e iso nótase no sector", destacou Rodríguez. En consecuencia, as cifras de reservas de 'ultima hora' aumentaron "significativamente", pero as reservas de mañá, día grande de Santiago, quedaron "estancadas", segundo a Asociación.
A pesar disto, a estimación da Asociación é que as festas do Apóstolo converterase na terceira data con máis visitantes, logo das datas que tiveron os festivais de 'O son do Camiño' e 'OuGozo 2023'.
Na mesma liña, Rodríguez manifestou a súa satisfacción polas cifras alcanzadas, porque estimou que en "unha cidade con tanta oferta hoteleira e tantas camas por encher, alcanzar o 80% é bastante bo".
CHEGADA DE PEREGRINOS
Doutra banda, é sabido que os meses estivais son os predilectos dos peregrinos que continuarán chegando á cidade durante todo o verán. Pero este número vese o número de visitantes vai en aumento nestas festas do Apóstolo.
Este luns chegaron 930 peregrinos, con datos recolleitos ata ao mediodía, que se suman aos 1.797 que chegaron o domingo, segundo datos estatísticos no sitio web da Oficina de Acollida ao Peregrino. O que representa o 6% do total de 44.173 peregrinos que chegaron a Santiago no mes de xullo.
Pero a orixe dos peregrinos segue sendo o "habitual" para estas datas, segundo a Asociación de Hostalaría, cunha alta presenza de turistas internacionais para gozar da cidade na súa gran cita.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.