Afastase a idea dun goberno de coalición en Pontevedra tras impor o PSdeG varias mocións co apoio do PPdeG

Foi nunha sesión plenaria con cruzamento de críticas entre socialistas e nacionalistas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2023 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

O pleno do Concello de Pontevedra aprobou, cos votos a favor do Partido Popular e o Partido Socialista, a reapertura ao tráfico da avenida Reina Vitoria, así como a substitución dos pasos sobreelevados nas vías sanitarias.

Foi nunha sesión plenaria que deixou patente a debilidade na que se atopa o goberno local do BNG que viu como a pinza formada polos dous grupos da oposición, Partido Popular e Partido Socialista, impuxo algunhas medidas fronte ás que os nacionalistas están radicalmente en contra.

"Imos ter un mandato entretido, esperemos que divertido", apuntou o concelleiro nacionalista, César Mosquera que asegurou que con esta actitude "o PSOE ten decidido non facer un goberno de coalición" polo que aventurou que este mandato "probablemente vaia a moción de censura".

O portavoz do grupo municipal socialista, Iván Puentes, rexeitou que aspire a "converter nunha relación de Pimpinela" os plenos, as negociacións co Bloque, "nin o futuro goberno de coalición se se dese o caso".

Así, criticou que, desde que o PSOE "con toda a xenerosidade do mundo" apoiou a investidura de Miguel Anxo Fernández Lores como alcalde de Pontevedra, o goberno local do BNG dedicouse a "porlle fin a practicamente todas iniciativas que o Partido Socialista desenvolveu nas súas concellarías nos últimos anos".

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Rafa Domínguez animou ao PSOE a "que esta posición que traen aquí ao pleno de Pontevedra, entren ou non entren no goberno, a manteñan".

MOCIÓNS

En canto aos asuntos aprobados, ambos presentáronse na orde do día como mocións defendidas polo PSOE que foron apoiadas polo PP. Foron 16 votos a favor -- once dos populares e cinco dos socialistas-- e nove en contra do BNG.

En virtude do acordado na sesión plenaria deste luns, a corporación municipal de Pontevedra insta o goberno local a iniciar os traballos para a redacción do proxecto de humanización, reforma e usos da avenida Reina Vitoria Eugenia. Este proxecto deberá incluír a transformación de todo o espazo nunha rúa de plataforma única con preferencia peonil.

O alcalde do BNG de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores
O alcalde do BNG de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores | Fonte: Arquivo - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Os pactos municipais entre o BNG & PSOE comezan a ensinar as orellas ! Pero Ana Pontón e Cía. parecen moi contentes co Goberno de Santiago a costa de darlle aire a xentes de dubidosa credibilidade como foron os 8 anos de Carmela Silva na Deputación de Pontevedra ! A ver cal vai ser a política local de César Mosquera ? Estaremos moi atentos á xogada !