O Bierzo busca recuperar a súa toponimia en galego

O colectivo Fala Ceibe do Bierzo recorda a irmandade con Galicia e insta á colaboración entre ambos lugares para a recuperación da lingua.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/08/2023 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia colaborará para tentar recuperar a toponimia berciana en idioma galego.  O colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo apoiará esta iniciativa e por eso rexeita as recentes críticas do partido Upl ante esta colaboración. Convén dicir que en Galicia existe a Comisión toponímica que estudou profusamente a toponimia galega do Noroeste peninsular.

Sinal de Perexe no Bierzo
Sinal de Perexe no Bierzo | Fonte: Fala Ceibe do Bierzo

Así pois, esta Comisión coñece moi ben a toponimia berciana, pola súa semellanza coa galega. Os nosos topónimos teñen os seus parellos en Fornelos de Montes, Vila franca de Xira (Portugal), Vilela da Rúa, Bembibre do Birlo, Soutelo de Montes, Barxas de Moraña, Somoza da Estrada, etc.

POLÍTICA ANTIGALLEGA

O colectitvo recorda que a Upl ten por costume atacar sen medida a lingua galega do Bierzo e lembran que "cando se recoñeceu o galego no Estatuto de autonomía de Castela e León (1999), falábase da imposición da oficialidade, cando chegou o ensino do  galego aos colexios e institutos (2000), críticas de colonización e obrigatoriedade do devandito idioma e logo asistimos ao intento da Upl de eliminar o galego no Estatuto de autonomía de Castela e León (2005)". E engaden, "agora acusan infundadamente de rotulación  forzosa da toponimia galega no Bierzo. Todo é pura dinámica política antigalega, e á vez, antiberciana".

Os filólogos casteláns, leoneses e galegos coinciden nos seus estudos que no Bierzo fálase galego dende a Idade Media polo que non ten sentido devaluar este idioma. Uns falan de indefinido chapurreado, outros dun presunto dialecto galegoleonés, sen fundamento filolóxico, e para máis confusión, son mestura de falas leonesas. Ante tanta confusión foránea, os bercianos téñenno claro, "falamos idioma galego", unha lingua con presente e futuro.

INSTITUCIÓNS

Por todo isto o colectivo insta á colaboración entre Galicia e O Bierzo na recuperación da toponimia. "Conviría a firma dun convenio ou protocolo administrativo entre a Xunta, Xunta Castela e León e o Consello Comarcal en materia toponímica", explican dende o colectivo. Co devandito instrumento xurídico poderíanse coordinar os esforzos e os medios materiais, persoais, investigadores e económicos. Todo ese traballo concretaríase na elaboración dun catálogo toponímico, sinalización, mapas, etc.

IRMANDADE CULTURAL

Ademais é importante salientar que o Bierzo e Galicia comparten unha mesma lingua e colaborando poderían axudar ao seu mantemento, como unha herdanza común. Dende o Leste de Foncebadón defenden o illamento territorial do Bierzo. De aí os impedimentos políticos e legais que  tratan de impor. Pero o galego está recoñecido expresamente no Estatuto de autonomía de Castela e León, "gozará de respecto e protección a lingua galega nos lugares en que habitualmente se utilice" (art.5.3).

Protexer o galego é o seu ensino, o seu uso administrativo, a súa utilización en medios de comunicación, a súa visibilidade toponímica, etc son asiganturas pendentes polo que todavía falta moito por facer para normalizar o uso do galego no Bierzo. 

"Temos moi claro que non estamos dispostos a illarnos culturalmente dos nosos irmáns galegos, sabemos que queremos un idioma galego normativizado para favorecer a comunicación plena, entre provincias e comarcas afastadas, sen renegar do chamado dialectismo territorial", defende Fala Ceibe do Bierzo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta