O PPdeG non quere a condonación da débeda a algunhas autonomías a pesar de pedilo para entidades locais

O conselleiro de Facenda sinala que é un "elemento nuclear" do financiamento autonómico e demanda que se negocie de forma conxunta, non "bilateral".

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 01/08/2023 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, mostra "preocupación" por que o Goberno poida realizar unha condonación de débeda a algunhas comunidades, o que considera que sería unha medida "inequitativa". Así, remarca que "este é un elemento nuclear do sistema de financiamento" e reclama que se negocie de forma conxunta no seo do Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF). Hai dous anos os populares galegos pedían que se condonara a débeda das entidades locais que suman 3.000 millóns.

Nun audio remitido aos medios este martes, o conselleiro de Facenda sinala que, aínda que "parece que se está falando de condonación, o que se está propondo é unha mutualización da débeda, é dicir, repartir a débeda dalgunhas autonomías que se estima que están demasiado endebedadas entre todas as autonomias de todo o Estado". Unha cuestión que provoca "incentivos perversos", posto que algunhas autonomías "teñen demasiada débeda porque no seu día gastaron máis, por encima da súa capacidade".

A ministra de Facenda en funcións e 'número dous' do PSOE, María Jesús Montero, asegurou o pasado luns que é "precipitado" falar neste momento de condonar unha parte da débeda a Cataluña a cambio do apoio dos partidos independentistas á investidura de Pedro Sánchez. Afirmaba que "é precipitado anticipar ou trasladar ningunha cuestión da que os diferentes grupos poidan expor", en relación á información publicada polo xornal de dereitas 'El Mundo' que asegura que o PSC ofreceu aos partidos independentistas condonar unha parte da débeda do Fondo de Liquidez Autonómica (FLA).

Corgos censura que "agora van repartir o exceso da débeda entre as demais que si que cumpriron cos seus obxectivos de estabilidade e, por tanto, existe aí un certo risco reputacional interno", así como "tamén externo porque os investigadores internacionais están a ver que neste país o tema das regras fiscais non se cumpre exactamente". "Se sistematicamente te excedes do teu obxectivo de déficit, podes solicitar unha condonación dese endebedamento", agrega.

O conselleiro de Facenda, Miguel Corgo
O conselleiro de Facenda, Miguel Corgo | Fonte: Xoán Crespo. Xunta de Galicia

PP PEDÍU CONDENAMENTO DE DÉBEDAS

Esta negativa do PPdeG chega cando este partido ten xa pedido a condenación doutras deudas, como a xerada polos bancos en 2005. Tamén no 2021 os populares presentaban mocións nas deputacións galegas nas que instaban ao Goberno central a condonar a débeda xerada polas entidades locais na cuantía da participación nos impostos do Estado do ano 2020. Unha cantidade que supuña 3.000 millóns de euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta