Faltan veterinarios da Xunta e os gandeiros denuncian "abandono" ante a lingua azul

Medio Rural defende que "non hai ningún atraso na campaña de vacinación" e asegura que está a actuar coa "máxima dilixencia e eficacia".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2023 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia

Gandeiros galegos denunciaron nos últimos días "abandono" por parte da Xunta ante a vacinación contra a lingua azul, con diferentes problemáticas que se viven en zonas como Monforte, Chantada e o macizo central ourensán. Alertan de perdas polo veto á saída das granxas de animais que aínda non se conseguiron vacinar.

Unha afiliada do Sindicato Labrego relata que no momento de querer vender os seus becerros non conseguiu autorización para poder levalos á feira ao non estar vacinados, cun atraso por parte do servizo veterinario da Xunta debido ao gran volume de traballo que ten que facer fronte. "Estiven forzada a chamar a un veterinario que non coñezo e pagarlle o que me quixo cobrar, porque non hai quen o faga", quéixase, posto que deben esperar a que conten con dous dúas dose para poder vendelos ou levar a matadoiros.

A este respecto, Unións Agrarias denunciou unha situación "desesperada" polo veto a que se poidan sacar reses das granxas sen vacinar. Urxe a que se amplíen os medios dispoñibles, dado que o servizo veterinario da Xunta "está desbordado e falto de pesonal". UU.AA. apunta que en zonas ourensás como Viana do Bolo hai unha gran produción de ovino e vacún de carne que se ve "seriamente resentida" en plena campaña de verán, época de maior consumo e cando as granxas programan partos.

Expón que ven prexudicadas as explotacións de vacún que no seu momento non puideron inmunizar aos seus animais por ser menores de tres mes e agora atópanse en idade de sacrificio ou de ser levados a cebadeiros. Igualmente, Unións Agrarias reclama que se modifiquen os criterios que están a se aplicar no que respecta á saída de becerros e tenreiros nados de vacas sen vacinar, o que tacha de "medida sen sentido cando non existe risco de transmisión directa de madras a fillos que está a xerar graves problemas nas explotacións das contornas de Chantada e Monforte".

A lingua azul é unha enfermidade vírica de carácter infeccioso non contaxioso --non se transmite por contacto directo entre animais--, senón que se transmite por mosquitos. O plan de vixilancia desta enfermidade detectou o pasado mes de febreiro os casos de lingua azul de serotipo 4 en reses de Castro Caldelas, Sarreaus, Fornelos de Montes e As Neves --onde deron positivo dous animais da mesma explotación--

POSTURA DA XUNTA

Pola súa banda, a Xunta defende que "non hai ningún tipo de bloqueo nin de atraso na campaña de vacinación de lingua azul", á vez que sostén que o Goberno galego está a actuar coa "máxima dilixencia e eficacia".

A Consellería de Medio Rural informa de que xa se vacinaron 230.000 animais bovinos contra a lingua azul en Galicia --que necesitan dúas doses separadas por 21 días--, despois de que en febreiro detectásense catro focos na comunidade tras 14 anos sen casos.

Tras terminarse a vacinación masiva en todas as explotacións bovinas dentro da zona restrinxida, tamén foron vacinados 54.000 animais ovinos e está previsto terminar o proceso a mediados do mes de agosto.

O Executivo autonómico apunta que, para facilitar a xestión do gando ovino, en xullo ampliouse o período transitorio para poder enviar animais ao matadoiro, de modo que ata o 15 de agosto os ovinos non vacinados da zona restrinxida poden moverse desde as explotacións a matadoiros de Galicia, sempre que non se presenten síntomas compatibles coa lingua azul, estean protexidos fronte ao vector e os vehículos de transprote estean desinsectados.

Varias vacas pastan na Sierra do Xistral, en Abadín
Varias vacas pastan na Sierra do Xistral, en Abadín | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta