A CIG critica que o novo acordo europeo de teletraballo: poden aplicarse condicións de países máis desfavorecidos a empresas de países desenvolvidos

A Confederación Intersindical Galega criticou este mércores que o novo acordo "non garante as condicións máis beneficiosas" para os traballadores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2023 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

A Confederación Intersindical Galega (CIG) criticou este mércores que o novo acordo europeo de teletraballo "non garante as condicións máis beneficiosas" para os traballadores.

Foi o pasado venres cando o Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o acordo marco polo que se posibilita que as persoas que realicen teletraballo transfronteirizo habitual estarán suxeitas á lexislación de seguridade social do Estado no que o empresario teña "a súa sede ou domicilio, sempre que o teletraballo transfronteirizo realizado no Estado de residencia sexa inferior ao 50 % do tempo de traballo total". Este acordo é aplicable, desde o 1 de xullo, en estados europeos como Alemaña, Suíza, Liechtenstein, República Checa, Austria, Noruega, Portugal ou España, entre moitos outros.

Tal como lamentou a CIG, aínda que é certo que con este acordo voluntariamente un traballador contratado por unha empresa con sede en Alemaña podería estar a vivir en República Checa con salario alemán, "tamén é verdade que abre a posibilidade de que ocorra ao revés, que se aproveite esta normativa de seguridade social para aplicar as condicións menos beneficiosas que se dan na República Checa a traballadores dalgún dos Estados asinantes con maior protección de seguridade social e de condicións de traballo".

Segundo o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, con esta normativa "non quedan garantidas para os traballadores as condicións máis beneficiosas de seguridade social dos países implicados".

Para Carril, un dos problemas que se derivan deste acordo é que pode "facilitar a deslocalización da actividade", ao permitir que se apliquen as normas de seguridade social, tanto de onde a empresa ten a súa sede, como o seu domicilio, o que pode chamar ás empresas a mudar a súa localización "provocando cambios negativos".

Teletraballo
Teletraballo | Fonte: QPNC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta