Chega unha das pontes con máis accidentes nas estradas... estes son os malos hábitos que os provocan

Non descansar, comer moito e beber alcohol entre as actitudes que máis favorecen á siniestralidade.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/08/2023 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Tradicionalmente, a ponte do 15 de agosto adoita marcar o momento álxido do verán no país. Pero estas datas tan esperadas por un gran número de españois, encerran tamén un importante risco: os accidentes de tráfico. Por iso, esta ponte é un dos festivos con máis sinistros viarios, xa que, na última década, rexistráronse uns 7.400 accidentes con vítimas nos que perderon a vida case 200 persoas, unhas 20 cada ano.

Axentes da Garda Civil atenden un accidente de tráfico na N-121
Axentes da Garda Civil atenden un accidente de tráfico na N-121 | Fonte: EP

Tamén preocupa o número de feridos, xa que, entre 2012 e 2021, houbo case 11.000 feridos en accidentes de tráfico, o 8% deles de carácter grave. Unha proporción que, aínda que viña descendendo ininterrompidamente desde 2016, repuntou +1,3 o ano pasado, pasando do 5,8% ao 7,1%, o que encendeu todas as alarmas.

As razóns desta alta sinistralidade son moi variadas, por exemplo a calor, que pode aumentar o risco de accidente entre un 15% e un 25%, as imprudencias dos condutores e a densidade do tráfico. Ademais, este ano a ponte do 15 de agosto podería abarcar ata 4 días nos que se rexistrarían uns 7 millóns de desprazamentos, o que unido á calor e ás imprudencias dalgúns condutores, poden converter a estes días nunhas datas especialmente sensibles para a seguridade viaria.

Dende a DGT , anunciase unha Operación Especial que comeza entre as 16h e as 23 horas de hoxe venres e que se prolongará até as 24 horas do próximo martes, no que se esperan máis de 8,5 millóns de desprazamentos e unha importante densidade do tráfico, especialmente intensa nas vías do litoral.

Segundo datos da DGT, durante o pasado mes de xullo, rexistraronse un total de 45,8 millóns de movementos de longo percorrido que acabaron con 112 accidentes mortais con 115 falecidos.

CONDUCTA AO VOLANTE

 

A Fundación Línea Directa realizou un estudo no se que mostran os hábitos dos conductores en largos percorridos e chegaron á conclusión de que queda moito por mellorar para poder evitar a máxima siniestralidade posible.

 

15,5 millóns de condutores (56%) non planifican convenientemente a ruta, outros 15 millóns (54%) confesan superar os límites de velocidade camiño das súas vacacións e 17 millóns (61%) non seguen as recomendacións da DGT en materia de paradas e descansos.

 

Ademais, máis da metade non se turna con outros pasaxeiros para conducir, unha actitude especialmente frecuente en homes, e un 82% descoñece como colocar correctamente a carga no vehículo. Por outra bandaun 25% dos enquisados recoñece comer copiosamente durante estes traxectos, unha circunstancia que pode favorecer a somnolencia e a pesadez.

 

Pero quizáis o aspecto máis rechamante dos hábitos dos condutores españois nos desprazamentos de vacacións ven da man do alcohol, xa que 6 millóns de automobilistas (23%) confesan beber cervexas e mesmo combinados durante as viaxes de saída e retorno de verán. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta