Detido un home de 25 anos nas piscinas de Lalín por agresión sexual e lesións tras a denuncia de dúas nenas menores

O mozo pasou a disposición xudicial no xulgado de garda de Lalín na mañá deste xoves, tras o que este decretou o seu ingreso en prisión.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 24/08/2023 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

Un home de 25 anos natural de Alxeria foi detido sobre as 19.50 horas deste mércores nas piscinas municipais de Lalín como presunto autor dun delito de agresión sexual e outro de lesións.

A detención produciuse tras a denuncia de dúas nenas menores de idade, segundo informan fontes da Garda Civil de Pontevedra. O mozo pasou a disposición xudicial no xulgado de garda de Lalín na mañá deste xoves, tras o que este decretou o seu ingreso en prisión.

Unha bañista nada na piscina
Unha bañista nada na piscina | Fonte: Eduardo Parra - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta