Aberto ata o 15 de setembro o prazo para solicitar diversas axudas para economía social con 10 millóns de euros

Prestarán atención especial á transformación dixital e á sustentabilidade

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2023 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia lembra que ata o próximo 15 de setembro pódense solicitar tres liñas de axuda destinadas a impulsar a economía social en Galicia, por un importe total próximo aos 10 millóns de euros.

En concreto, explican nun comunicado, achegas para fomentar o emprendimiento e o emprego na economía social (4,3 M€), para laconsolidación das entidades da economía social (máis de 2,7 M?) e para a creación de cooperativas e sociedades laborais a partir de empresas sen cambio xeracional (máis de 2,3 M€).

Por unha banda, aínda se poden solicitar as axudas, que cun investimento de 4,3 millóns de euros de orzamento, están dirixidas a fomentar o emprendimiento e o emprego na economía social, impulsar o autoemprego neste ámbito e fixar man de obra produtiva no territorio.

O programa conta con dúas liñas compatibles entre si: unha primeira con axudas directas e cooperativas e sociedades laborais para que incorporen a persoas desempregadas; e unha segunda, para beneficiar a quen entre como socio ou cun contrato indefinido a unha destas entidades ou ben inicie a súa actividade por conta propia. Mediante esta liña prevese beneficiar 136 entidades e incorporar 283 persoas socias.

En segundo lugar, tamén permanece aberta a convocatoria, dotada con 2.730.000 euros, para apoiar a consolidación das entidades da economía social e reforzar a súa presenza no tecido económico de Galicia.

As axudas prestarán atención especial á transformación dixital e á sustentabilidade, con achegas máximas por entidade que poden alcanzar os 30.000 euros para, entre outras actuacións, financiar investimentos --realizados entre o 1 de novembro de 2022 e o 31 de outubro de 2023-- en equipamento informático, desenvolvemento de software, plans de protección de datos, eficiencia enerxética ou de mercadotecnia ou imaxe corporativa.

E, como novidade este ano, inclúense entre os conceptos susceptibles de financiamento os elementos de transporte e a formación para os socios afiliados ao réxime de traballo autónomo (RETA).

Por último, o Goberno autonómico destina 2.370.000 euros á creación de cooperativas e sociedades laborais a partir de empresas sen cambio xeracional, da unión de persoas traballadoras autónomas, da transformación de calquera tipo de sociedade ou tras a adquisición da entidade por parte das persoas traballadoras da mesma.

A través das achegas --que poden ser de ata 74.000 euros-- a Xunta farase cargo de ata o 90% dos custos nos que incorran estas entidades no ámbito do asesoramento legal, rexistro, notarías e informes; para desenvolvemento da imaxe corporativa; obtención de certificacións de calidade; mercadotecnia, comunicación ou relanzamento comercial; ou protección de datos.

Os apoios abarcan os gastos realizados entre o 1 de novembro de 2022 e o 31 de outubro de 2023 en equipamento informático e outros, desarrolo web, melloras na eficacia enerxética, reformas e mobiliario dos locais e elementos de transporte.

Billetes, moedas, euros, euro, diñeiro.
Billetes, moedas, euros, euro, diñeiro. | Fonte: EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta