Catro feridos nun accidente de tráfico en Celanova

Un deles tivo que ser rescatado

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2023 | Actualizada ás 20:34

Comparte esta noticia

Unha persoa foi rescatada este sábado en Cerlanova tras un accidente que terminou con catro feridos. Os vehículos colisonaron na Avenida de San Rosendo e foi necesaria a intervención dos bombeiros para liberar á persoa atrapada.

Segundo informou o 112, a chamada dun particular pouco antes das 17,00 horas desta tarde permitiu activar os protocolos oportunos para a atención e rescate dos feridos. En concreto, os Bombeiros de Celanova liberaron a unha das persoas implicadas, que estaba atrapada dentro dun dos coches accidentados.

Unha vez fose do turismo, puido recibir a asistencia médica por parte dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que evacuaron a persoa xunto con outro tres feridas. Ademais dos bombeiros e dos sanitarios, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico, co fin de coñecer todos os detalles deste sinistro.

Axente da Garda Civil de Tráfico
Axente da Garda Civil de Tráfico | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta