A USC entra no 'Quantum Spain' que busca crear un ecosistema estatal de computación cuántica

Busca aproveitar o impulso e talento do persoal investigador experto nesta tecnoloxía no ámbito estatal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2023 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela é unha das 14 novas institucións asinantes do proxecto 'Quantum Spain', un consorcio que impulsa o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.

O obxectivo principal desta iniciativa, que coordina o Centro de Supercomputación de Barcelona- Centro Nacional de Supercomputación (BSC-CNS), é a creación dun ecosistema de computación cuántica "eficaz" en España, que aproveite o impulso e talento do persoal investigador experto nesta tecnoloxía no ámbito estatal.

Baixo o amparo desta iniciativa e baixo a coordinación do catedrático da Facultade de Física e investigador do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías Javier Mais Solé, a USC desenvolverá o programa 'TalentQ', que inclúe unha plataforma de materiais técnicos, divulgativos e educacionales cara á formación e difusión do coñecemento en materia de computación cuántica.

A Universidade de Santiago de Compostela (USC). UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
A Universidade de Santiago de Compostela (USC). UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta