O castelán é a lingua docente da USC

Menos do 22% dos profesores desta universidade utilizan o galego nas aulas. O Servizo de Normalización Lingüística da USC acaba de lanzar a campaña 'Ensinas máis do que cres' para impulsar o idioma propio entre os docentes.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/05/2015 | Actualizada ás 22:28

Comparte esta noticia

O uso do galego na docencia dos graos neste curso 2014-205 é do 21,52% sobre o cómputo de horas de docencia global (máis de 384.000 horas), mentres que o do castelán foi dun 74%. Son os datos aportados por un estudo realizado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC.

A vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Carme Silva e o o responsable do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Núñez Singala, dan a coñecer unha campaña para impulsar o uso do galego na USC
A vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Carme Silva e o o responsable do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Núñez Singala, dan a coñecer unha campaña para impulsar o uso do galego na USC

Unha situación que tamén inflúe no alumnado. Se o docente fala en español, os estudantes empregan máis este idioma. Se, pola contra o profesor usa máis o galego, os alumnos empregan tamén máis o noso idioma. De feito, tal é así que, segundo este estudo realizado con datos do pasado curso, un mesmo grupo de clase usa o galego nos exames ata un 70% máis co profesor que lle imparte as clases nese idioma que co que o fai en castelán,

En conxunto, os usos lingüísticos na docencia da USC non son moi equilibrados; “daquela, dificilmente o alumnado vai aprender competencias lingüísticas profesionais e non se favorece a aparición ou consolidación de actitudes positivas tamén cara ao galego”, explicou a vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Carme Silva.

Por iso, e para tentar poñerlle couto a esta situación, este servizo acaba de lanzar a campaña ‘Ensinas máis do que cres’ . A campaña está dirixida a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Santiago. Os responsables universitarios e do Servizo de Normalización Lingüística promotor da iniciativa buscan concienciar a esta comunidade en pleno proceso de elaboración dos Plans de Ordenación Docente (POD) para o vindeiro curso. “A discusión e aprobación dos POD é un momento moi oportuno para reflexionar sobre o papel no uso do galego na docencia e na adquisición de competencias e actitudes lingüísticas por parte do alumnado”, suliñou o responsable do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Núñez Singala.

Co lema ‘Coidas que só ensinas contidos? Ensinas máis do que cres’ transmítese a idea de que os contidos das materias e a terminoloxía específica que aprende o alumnado depende exclusivamente dos docentes, dos acordos tomados á hora de impartir clases, das decisións adoptadas ao aprobar os POD”, apuntan os seus responsables.

Insisten en que, a través desta campaña o alumnado tamén aprende actitudes. Din que poden deducir que só certas linguas poderosas serven para o exercicio profesional se a maior parte da docencia que reciben se imparte só nelas, ou poden aprender que todas as linguas son válidas. Neste senso, a profesora de Veterinaria Marta López Alonso, protagonista da imaxe da campaña xunto ao profesor de Dereito Gumersindo Guinarte, destacou que “é importante a inmersión lingüística na vida universitaria; ao alumnado ten que lle notarse que pasou pola Universidade”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

3 Calquera

Personaxes como "O Nicolás", "Fartodelingua",... son como a "negra sombra". O andacio non só dana á língua, senón que transgrede os límites do inimaxinable. Xa non importa que o galego esmoreza, porque despois continuarán a demolición pola cultura, música, historia, tradicións,...Non pararán ata acabar coa identidade galega!!

2 brico

Todos estes corrutos que atoparon no galego o medio de vida co que se forran a subvencións ou postos de traballo pagados como ningunha empresa lles pagaría, por suposto néganse a aceptar o evidente: o galego perdeu o tren hai moitos anos e non o vai alcanzar, como eles saben de sobra, por moito vocabulario plastificado que fabriquen a toda presa para disimular e facer que fan. Sinvergonzas!!!

1 Aprende a Escribir Mona

*corruptos *medio de vida non existe, o correcto é gañar a vida *se forran é un castelanismo, fanse de ouro, fan montes e moreas ou fanse ricos *perder o tren, non existe, quedou atrás se cadra *Sinvergonzas non, desvergoñados ou descarados

1 Neli

Hai anos puxeron en marcha unha campaña parecida na UdC. Pagaban un plus por ensinar en galego, e foi un fracaso. Non hai nada que facer. Se o galego vai a menos na sociedade; se é cada vez mais unh lingua rituaria na que falan os polítocos ou a TVG dun xeito artificioso, cando hai liberdade individual para elexir, o normal é que se elixa castelán, máxime cando se trata dunha lingua desa potencia.

1 39Zf

É que a lingua de Nicaragua, Perú ou Mostoles ten un potensial que non se pode aguantá.

2 Neli

Se comparas coa lingua das fabelas... O español é o segundo idioma nativo mais falado do mundo con mais de 540 millóns de personas; o segundo idioma dos negocios tras o inglés e a terceira lingua no ciberespacio; e conta con mais de 20 millóns de persoas que o estudan como lingua estranxeira en centros certificados... ¿Que non ten potencia? O tamaño importa. Non me compares unha m*erda enterrada co español porque a compareción é delirante.

3 ETmE

Non compares número de falantes, senón producto interior bruto, e verás como o inglés, francés, alemán e moitos outros superan o español e portugués e idiomas similares do terceiro mundo, esa é a utilidade.