Vinte maiores de 65 anos poderán gozar en Ferrol de comedor gratuíto

O primeiro espazo destas características en abrir na cidade será o situado na rúa Río Xuvia con 20 prazas dispoñibles e case 15.500 euros consignados.

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 04/09/2023 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia

O Concello de Ferrol acordou, en xunta de goberno, "comezar coa apertura dos comedores senior", segundo expuxo o alcalde, José Manuel Rey Varela. Para iso, desde este martes, día 5, abrirase o prazo para a inscrición das persoas maiores da cidade, que comezará coa apertura do comedor que se sitúa na rúa Río Xuvia.

Para desta forma, expuxo, "abrir servizos públicos fronte ao camiño de pechar como sucedeu nos últimos anos" e que, segundo detallou, "ocasiona que teñamos que comezar de cero, cunha primeira apertura para que, nos próximos meses, siga coa apertura global dos comedores". Así o trasladou o rexedor popular tras presidir a xunta de goberno, detallando que se pon a disposición "de todos os maiores de Ferrol 20 prazas, unha medida que terá un custo de 15.495,48 euros", establecendo para outorgar estas prazas uns criterios de preferencia.

Entre eles, están que o usuario estea empadroado en Ferrol con antigüidade mínima de seis meses, ter cumprido 65 anos no momento da inscrición, vivir só, ter unha renda anual igual ou inferior aos 12.000 euros e "outras situacións non recollidas que se estudarán polo departamento de Servizos Sociais dunha maneira individualizada".

MANTEMENTO

Na súa reunión semanal, o goberno de Ferrol tamén deu luz verde á prórroga para o mantemento dos servizos de infraestruturas durante un ano", para desta maneira poder abordar "o arranxo de beirarrúas e viarias". "A intención inicial é traballar nun novo servizo, por iso optamos por unha primeira prórroga dun ano, para que nos dea tempo durante este ano a preparar esa nova licitación", expuxo o rexedor. Segundo Rey Varela aprobáronse "900.000 euros que se desagregan en 250.000 para o que resta 2023 e 650.000 para o ano 2024".

FESTAS

O alcalde de Ferrol tamén aproveitou a súa comparecencia ante os medios de comunicación para facer un primeiro balance das festas de verán da cidade, que se desenvolveron do 20 ao 31 de agosto. "O balance é moi positivo, logrando unha programación para todo o mes de agosto". "Era moi importante ter actividades, sobre todo nas rúas, nas prazas, porque o obxectivo que tamén teñen as festas dunha cidade é dinamizar", sinalou Rey Varela.

Así, trasladou que Ferrol estivo cheo de xente, "de aquí, da comarca, pero tamén de xente de fóra". En canto ás cifras, trasladou que o 29 de agosto, durante o concerto de Camela, na praza de Armas, houbo máis de 6.500 persoas na propia praza, pero moita máis xente no barrio da Magdalena", citou entre outros exemplos.

Froita nun comedor
Froita nun comedor | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta