A Deputación de Pontevedra comprométese a "cumprir" co convenio de Santa Clara pero avanza que realizará "cambios"

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, incidiu que a institución provincial "cumprirá escrupulosamente" o protocolo asinado co Concello de Pontevedra para o proxecto do convento de Santa Clara, aínda que admitiu que traballan en "cambios" que se anunciarán proximamente.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 04/09/2023 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, incidiu que a institución provincial "cumprirá escrupulosamente" o protocolo asinado co Concello de Pontevedra para o proxecto do convento de Santa Clara, aínda que admitiu que traballan en "cambios" que se anunciarán proximamente.

Domínguez participou este luns na reunión da comisión de seguimento de Santa Clara xunto ao edil do goberno pontevedrés, César Mosquera, e persoal técnico de ambas as administracións, segundo recolle un comunicado da Deputación de Pontevedra.

Alí, o número dous do goberno provicial incidiu en que o obxectivo é converter Santa Clara en "a xoia da coroa" do Museo de Pontevedra e "dar un impulso ao modelo de cidade" da capital da provincia, que, segundo o tamén edil do PP no concello pontevedrés, "é mundialmente recoñecible pero está a empezar a quedar estancado".

"Ese novo impulso non pode ser outro que o de converter Pontevedra nunha capital cultural con recoñecemento internacional. Non hai outro modelo de cidade que xere tantas sinerxías desde a cultura como o de Pontevedra, e por iso debemos aproveitar o modelo que xa temos e seguir desenvolvéndoo para convertela no que queremos todos os que queremos a Pontevedra: a capital cultural de Galicia e un referente internacional", sinalou Domínguez.

Convento de Santa Clara en Pontevedra
Convento de Santa Clara en Pontevedra | Fonte: Zarateman - Wikimedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta