Xa se pode usar o sistema Cl@ve para identificarse na administración electrónica da Xunta

O obxectivo é dar un uso simple para o acceso aos trámites electrónicos de persoas que non dispoñen de certificado electrónico desde calquera tipo de dispositivo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2023 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

Os usuarios da plataforma da administración electrónica da Xunta xa poden utilizar o sistema Cl@ve do Goberno para identificarse, ademais da Chave 365 da Xunta, o DNI electrónico e o certificado dixital.

Segundo informou o Executivo galego, esta ferramenta abre as tramitacións da administración autonómica electrónica á cidadanía da Unión Europea non residentes en España que non dispoñen de NIF, que poden utilizar Cl@ve, mediante o sistema europeo de recoñecemento de identidades electrónicas Nodo eIDAS.

Os procedementos do sistema Cl@ve son moi similares aos de Chave 365. O obxectivo é dar un uso simple para o acceso aos trámites electrónicos de persoas que non dispoñen de certificado electrónico desde calquera tipo de dispositivo.

Chave 365 permite, en todos os casos, tanto a identificación electrónica como a firma dixital. Con todo, Cl@ve ten dúas modalidades.

A Cl@ve pin, pensada para un acceso á administración dixital máis ocasional e a Cl@ve permanente que se utiliza para unha relación máis constante coa administración dixital.

Ademais de acceder ás notificacións, as persoas que utilicen o sistema de acceso con Cl@ve pin ou permanente poderán realizar todos os procedementos da Administración electrónica da Xunta, salvo o alta, baixa ou modificación da Chave 365.

As persoas que accedan coa Cl@ve eIDAS poderán efectuar os trámites de desprazamento de persoas traballadoras no marco dunha prestación de servizos transnacional e os de axudas de emerxencia social.

Sede electrónica de Xustiza da Xunta
Sede electrónica de Xustiza da Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta