A RAG promoverá accións de dinamización lingüística coa posta en marcha do programa 'Modo galego, actívao!'

O proxecto foi presentado no XVI Congreso Internacional de Antropoloxía que se celebra na Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2023 | Actualizada ás 12:27

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega (RAG) presentou, no XVI Congreso Internacional de Antropoloxía, que se clausura este venres na Coruña, un proxecto para impulsar accións de dinamización lingüstica.

Gabino Vázquez-Grandío, técnico do Seminario de Sociolingüística, presentou, no marco deste encontro, o proceso de deseño e posta en marcha do 'Modo galego, actívao!', a experiencia colaborativa impulsada pola a RAG e o Concello de Ames para desenvolver accións de dinamización lingüística en espazos comunicativos, á marxe das aulas.

Vázquez-Grandío, membro da Asociación Galega de Antropoloxía, organizadora desta edición do congreso, coordinou, ademais, xunto ao profesor da Universidade Autónoma de Madrid, Héctor Grad, o simposio sobre antropoloxía e linguaxe.

Sobre o proxecto da RAG, a institución informa que se trata dunha proposta colaborativa coa participación de profesorado , familias e case 3.000 nenas e nenos e a realización de distintas propostas.

Sede da Real Academia Galega
Sede da Real Academia Galega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta