Xornalistas piden respecto para o seu traballo tras tocarlle un home o cú a unha profesional

A Asociación de Prensa de Madrid rrexeita a agresión á xornalista que facía unha conexión en directo e pide respecto ao traballo dos profesionais

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 13/09/2023 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

A Asociación da Prensa de Madrid (APM) expresou o seu rexeitamento á agresión contra a redactora galega de Cuatro Isabel Balado cando realizaba unha conexión en directo para o programa 'En boca de todos'.

A APM manifestou, igualmente, a súa solidariedade coa compañeira agredida, esixiu respecto aos profesionais da información durante o exercicio do seu traballo e condenou calquera actuación que trate de impedir o dereito á liberdade de expresión.

Isabel Balado sufriu unha agresión o martes cando estaba a realizar unha conexión en directo en Madrid, momento no cal un home que pasaba por alí tocoulle o cú e interrompeu o traballo da xornalista. O home foi detido pouco despois pola Policía Nacional.

Agresión sexual a unha xornalista
Agresión sexual a unha xornalista | Fonte: captura

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta