Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 29/04/2024 | Actualizada ás 10:08
Unha colisión entre dous coches provocou a morte dun home de 90 anos, MPV, nun accidente ocorrido ás 23,15 do domingo en Cangas. Ademais, tres persoas resultaron feridas.
O 061 indica que os feridos foron trasladados ao hospital Povisa. Trátase dun home de 47 anos (FBG), un home de 28 anos (SMP) e unha muller de 29 anos (AMS). Ata o lugar desprazáronse catro ambulancias, dúas delas de soporte vital avanzado. Segundo informa o 112 Galicia, urxencias sanitarias deu aviso do accidente ocorrido antes do túnel de Coiro, en sentido Vigo, na vía CG-4.1. Ademais, foi necesario empregar o material de excarceración para liberar a tres feridos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.