'Sarita', presente e futuro do legado de Camilo José Cela

A Xunta incorpora esta locomotora na musealización da Fundación Camilo José Cela

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2023 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia incorporou á musealización exterior da Fundación Camilo José Cela a locomotora 'Sarita' tras un "minucioso" proceso de rehabilitación realizado nos últimos meses.

Segundo explican nun comunicado, coincidindo co 150 aniversario da súa viaxe de Cornes (Santiago de Compostela) a Carril (Vilagarcía de Arousa), o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, RománRodríguez, participou no acto de inauguración, onde se referiu a a importancia de poder recuperar e pór a disposición do público esta peza histórica, "fundamental no patrimonio ferroviario galego" ao ser a cabeza tractora da primeira liña de ferrocarril de Galicia.

A peza está instalada nos xardíns exteriores da Casa Museo Camilo José Cela, na zona do aparcadoiro. A titularidade é de Adif, cedida pola Fundación de Ferrocarrís Españois á Fundación Camilo José Cela, e foi restaurada pola Consellería con traballos de limpeza e saneameinto da estrutura.

Tamén se restauraron a cabina do condutor e a cuberta do teito e limpáronse todas as pezas de lata. Nestes momentos trabállase na instalación dunha cuberta para protexela das inclemencias meteorolóxicas e facilitar a súa observación.

A Xunta incorpora a locomotora 'Sarita' á musealización da Fundación Camilo José Cela. XUNTA DE GALICIA
A Xunta incorpora a locomotora 'Sarita' á musealización da Fundación Camilo José Cela. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta