A Deputación da Coruña investirá case un millón de euros en infraestruturas no Concello de Sigüeiro

Entre as obras figura a humanización da avenida da Garbanxa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2023 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación da Coruña, Velentín González Formoso, reuniuse co alcalde de Oroso, Álex Doval, co que abordou a situación de diversos investimentos provinciais no municipio, entre os que destacan a humanización da avenida Garabanxa e a construción dun novo centro deportivo en Sigüeiro.

Ambos os proxectos, xa comprometidos pola Deputación co anterior goberno municipal, suman un investimento de 900.000 euros. Na reunión tamén participou o deputado provincial Antonio Leira.

Formoso e Doval, na súa primeira reunión de traballo tras as eleccións municipais, trataron a situación administrativa destes proxectos, que se executarán a través de senllos convenios de colaboración entre a Deputación e o Concello de Oroso, e para os que o goberno provincial xa ten reservado o orzamento.

A humanización da avenida da Garbanxa, cun investimento previsto de 500.000 euros, mellorará unha das principais estradas e travesías de Sigüeiro con novas beirarrúas, zonas peonís e badenes. As obras suporán unha renovación total da avenida, coa instalación de novas luminarias, zonas verdes e mobiliario urbano, así como a pavimentación da estrada e a mellora dos accesos aos garaxes.

Por outra banda, Formoso confirmou tamén ao rexedor que a Deputación programa un investimento de 400.000 euros para cofinanciar a execución dun novo centro deportivo en Sigüeiro, que complementará os fondos comprometidos no seu día polo propio Concello, á espera de que a Xunta achegar tamén financiamento para esta necesaria instalación deportiva.

O alcalde de Oroso, Álex Doval; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o deputado provincial Antonio Leira. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O alcalde de Oroso, Álex Doval; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o deputado provincial Antonio Leira. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta