Condenadas seis persoas por acosar reiteradas veces a un mozo na Coruña, que sufriu lesións físicas e psíquicas

O fallo apunta a un dos procesados como a persoa que instigaba o acoso. Entre os feitos declarados probados na sentenza, constan patadas ao can da vítima, agresións, persecucións, xestos, burlas e insultos. Nunha ocasión, segundo o fallo, un dos condenados queimouno cun cigarro na fronte na praza de Pontevedra. Noutra, outro dos acusados arroxoulle unha botella de cristal, impactándolle nunha perna.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 19/09/2023 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia