O posible polígono agroforestal de Salvaterra de Miño fomentará a actividade agrogandeira e fixará poboación

O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo este martes unha reunión con veciños do municipio pontevedrés de Salvaterra de Miño para estudar a posibilidade de implantar un polígono agroforestal na parroquia de Pastora.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 19/09/2023 | Actualizada ás 17:35

Comparte esta noticia

O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo este martes unha reunión con veciños do municipio pontevedrés de Salvaterra de Miño para estudar a posibilidade de implantar un polígono agroforestal na parroquia de Pastora. Segundo destacou a Xunta, esta iniciativa, que se enmarca na aplicación da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, suporá mobilizar un total de 19,67 hectáreas, divididas en 213 parcelas dun total de 135 propietarios.

O conselleiro explicou que deste xeito se trata de pór en valor terra de boa capacidade produtiva abandonada ou infrautilizada de forma sustentable. Búscase así, detallou, crear actividade agrogandeira, fixar poboación e anticiparse aos incendios forestais. Nesta liña, José González destacou que xa existen en Galicia un total de 24 polígonos agroforestais en distintas fases de execución, que supoñen a mobilización de algo máis de 9.000 hectáreas distribuídas nunhas 29.000 parcelas propiedade de máis de 7.800 veciños.

En concreto, tres destes polígonos atópanse na provincia de Pontevedra, máis concretamente nos municipios de Cerdedo-Cotobade, Crecente e Tomiño. Ademais, o conselleiro tamén fixo referencia a outra das figuras desta lei, como son as aldeas modelo. Nese sentido, González lembrou que xa hai 21 aprobadas en Galicia e que una (a de Mouteira-Parada, en Cerdedo-Cotobade) corresponde á provincia pontevedresa.

A Xunta explica aos veciños interesados detalles do Polígono Agroforestal de Salvaterra de Miño
A Xunta explica aos veciños interesados detalles do Polígono Agroforestal de Salvaterra de Miño | Fonte: Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta