Avaría no único tren madrugador do Eixo Atlántico: retraso de case unha hora na saída Vigo-A Coruña

Algúns usuarios denunciaron a través de redes sociais a falta de alternativas de transporte.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 20/09/2023 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

Unha "incidencia técnica puntual" provocou un atraso de case unha hora na saída dun tren de media distancia que cubría o traxecto Vigo-A Coruña á primeira hora da mañá deste mércores, causando tamén atraso no traxecto inverso. Segundo informaron fontes de Renfe, a incidencia rexistrada provocou que o tren que tiña que saír da estación de Vigo-Urzáiz ás 6.40 horas da mañá fixéseo 57 minutos máis tarde.

Tren Avant de Renfe
Tren Avant de Renfe | Fonte: RENFE - Arquivo

Así mesmo, e como consecuencia do anterior (xa que se trata do mesmo convoi) a saída do tren da Coruña en dirección a Vigo prevista para as 9.00 horas realizouse cun atraso de 24 minutos, detallaron as mesmas fontes. Algúns usuarios denunciaron a través de redes sociais a falta de alternativas de transporte. No caso de Vigo, lamentaron que decenas de persoas tiveron que esperar á saída por unha avaría no "único tren madrugador" do Eixo Atlántico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta