O legado de Rosalía de Castro queda custodiado para o futuro na Caixa das Letras do Instituto Cervantes

A sede do Instituto Cervantes acolleu este luns o acto conmemorativo do Día Europeo das Linguas, no que a presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, depositou o legado "material e simbólico" de Rosalía de Castro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2023 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

A sede do Instituto Cervantes acolleu este luns o acto conmemorativo do Día Europeo das Linguas, no que a presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, depositou o legado "material e simbólico" de Rosalía de Castro.

Rosalía de Castro
Rosalía de Castro | Fonte: RAG - Arquivo

No acto presentouse a versión multilingüe do poema 'Grito cara a Roma' de Federico García Lorca e, aproveitando a coñecida conexión entre Lorca e o poeta galega, Rosario Álvarez depositou ese legado, "dunha muller poeta, dunha categoría literaria e un pensamento revolucionarios".

A Caixa das Letras é unha 'cápsula do tempo' do Instituto Cervantes que garda obxectos relacionados coa ciencia, as artes e as letras da cultura hispana e que, desde este luns, conta cun exemplar de 'Cantares Gallegos' e un facsímile da primeira edición de 'Follas Novas'.

Rosario Álvarez tamén depositou un exemplar de 'O herbario de Rosalía', acompañado por unha colección de láminas, xunto a un audiovisual inédito no que as láminas van acompañadas por un recitado profesional. Outro dos obxectos que forman parte do conxunto é un disco de vinilo de Amancio Prada, 'Rosalía de Castro-Amancio Prada' (1975), cunha dedicatoria que o cantautor fixo expresamente para a ocasión, así como un estoxo co seis cancións galegas de Lorca.

A iso súmanse varios libros de ensaios de diferentes intelectuais galegos e portugueses de 1952 dedicados á poeta galega, unha copia dunha conferencia pronunciada por Luís García Monterio con motivo do 150º aniversario de 'Cantares Gallegos', un libro-disco de poetas galegas contemporáneas 'dialogando' con Rosalía, un moníptico cedido pola Asociación Astronómica Ío, que permite localizar a estrela Rosaliadecastro (bautizada en decembro de 2019), unha camiseta coa imaxe de Rosalía de Castro deseñada por Pablo Rodríguez e Xosé Miranda, e unha chapa coa rosa de cen follas.

Durante o acto, a presidenta do Consello da Cultura Galega fixo alusión á conexión entre Lorca e a lingua e a cultura galegas, así como a relación con Rosalía. Rosario Álvarez, que interveu no acto en galego, subliñou que esa lingua e esa cultura queda depositada na Caixa das Letras a través da "figura galega máis universal, reverenciada por todos e todas, sempre admirada e nunca cuestionada, orgullo dun pobo enteiro".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta