@sarasecorial: "Xa lles gustaría a moitos da TVG ter o meu galego"

Coñecida en TikTok como 'a dos vlogs', esta valguesa dedícase a subir o seu día á día á plataforma, o que fixo que se convertera nunha das caras más coñecidas da creación de contidos en galego

Por Patricia Otero | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2023 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Sara Seco Rial -ou Sara Escorial para aqueles que confunden o seu nome- é a nosa seguinte invitada a Laretando. Esta valguesa afincada en Santiago leva dous anos subindo o seu día a día a TikTok, o que fixo que conseguise unha comunidade que non se perde nin un dos seus vlogs.

Oitavo episodio de Laretando con @sarasecorial
Oitavo episodio de Laretando con @sarasecorial

No seu episodio falamos de temas como a lingua -da cal ela tamén é unha gran defensora en redes-, de todas as rutinas de beleza polas que lle preguntan seguido as súas seguidoras ou das colaboracións con grandes marcas que ten feito. Xa dispoñible en YouTube e Spotify!

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta