Arquitectos galegos reclaman "claridade" nas normas de habitabilidade de vivendas que permiten converter baixos comerciais en casas

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) demandou á Xunta que "clarifique" as "moitas dúbidas" que xeran as novas normas que entrarán en vigor o próximo 15 de outubro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2023 | Actualizada ás 17:16

Comparte esta noticia

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) demandou á Xunta que "clarifique" as "moitas dúbidas" que xeran as novas normas de habilitabilidade de vivendas que entrarán en vigor o próximo 15 de outubro. O colexio destacou nun comunicado que o milleiro de arquitectos e profesionais do sector inmobilario que participaron nunha xornada de asesoramento sobre esta modificación normativa reflicte a inquietude que provoca o novo marco que implicará, entre outras cousas, a flexbilización para converter baixos comerciais en vivendas.

Aínda que entenden como "lóxico" que os cambios provoquen "moitas dúbidas" entre os profesionais, os arquitectos botan en falta "unha guía de aplicación, con exemplos gráficos, como a que se fixo no 2010 cando se aprobou o decreto daquelas primeiras normas". Advirten que "a mensaxe" que envía a posibilidade de converter baixos comerciais en vivendas "debe ser moi medido" nun contexto de "masificación de certos destinos turísticos e a posible aplicación de taxas complementarias".

Tamén consideran que os cambios que afectan as dimensións das vivendas "deben ser explicados moi ben, igualmente, para non contribuír a atrasar máis a concesión de licenzas en Galicia, evitando a retención de expedientes en todas as administracións". Así as cousas, insta á Xunta a levar a cabo "un maior esforzo de divulgación e comunicación" sobre esta modificación das normas de habilitalidade de vivendas, xa que consideran que, ademais de axudar aos profesionais, "redundará en beneficio de toda a sociedade".

Unha persoa pasa por diante dun baixo comercial pechado
Unha persoa pasa por diante dun baixo comercial pechado | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta