Morre atropelada unha muller en Outes

O accidente produciuse ás 12.00 horas deste martes á altura do Freixo, no quilómetro 58 da estrada que une Noia e Muros, segundo trasladaron fontes dos servizos de emerxencias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 03/10/2023 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Unha muller morreu na mañá deste martes ao ser atropelada por un vehículo na estrada AC-550 ao seu paso polo municipio coruñés de Outes.

O accidente produciuse ás 12.00 horas deste martes á altura do Freixo, no quilómetro 58 da estrada que une Noia e Muros, segundo trasladaron fontes dos servizos de emerxencias.

Ata o lugar mobilizouse o helicóptero de Urxencias Sanitarias 061, Garda Civil de Tráfico, GES de Noia e Protección Civil.

Trátase da segunda vítima mortal por atropelo nas estradas galegas na mañá deste martes despois do falecemento dun home de 59 anos arroiado por un vehículo no barrio de Conxo de Santiago.

Atropelo en Outes
Atropelo en Outes | Fonte: Cedida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta