Xosé Crespo perde a maioría absoluta en Lalín tras 25 anos

Rafael Cuíña, fillo de Xosé Cuíña, podería ser alcalde se o resto dos partidos da esquerda o apoian.

Por Galicia Confidencial | Lalín | 24/05/2015 | Actualizada ás 23:26

Comparte esta noticia

Xosé Crespo levaba 25 anos de alcalde ininterrumpidamente en Lalín colleitando anto tras ano maiorías absolutas. Unha alcaldía que lle deixou Xosé Cuíña, quen chegou a ser número dous do PP e mesmo delfín de Fraga. E na sétima lexislatura foi o seu fillo, Rafael Cuíña, quen con seis concelleiros, lle quitou esa maioría que lle deixara o pai.

Rafael Cuíña, líder de CxG en Pontevedra
Rafael Cuíña, líder de CxG en Pontevedra

Haberá que agardar se o resto dos partidos; PSdeG, BNG, e APAC (Agrupación de Electores e Electoras Plataforma Aberta) apoian a Cuíña para darlle a alcaldía e apear do consistorio a Xosé Crespo.

E que o panorama político en Lalín quedou fragmentado. O PP acadou dez, Compromiso por Galicia, seis; o PseG, tres; APA, un e o BNG, outro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

8 Parabens

Animo, dende Vigo, creo que temos a voz que precisa o novo Partido Nacional Galego. Estas moi preto da xente, e podes facelo moi ben. Parabens

7 CHOUSAS

Poderá facelo mal, non digo que non. Pero unha cousa é certa: é unha boa persoa e, nunca unha mala persoa pode ser un bó político para gobernarnos.

6 rbhw

Será un alcalde galeguista de verdade, cunha política para os veciños. E adeamis sen maiorías absolutas, co diálogo constante. Creo que pode ser un magnífico alcalde.

5 O Naranxo

Unha noticia que non é outra cousa que o comezo da fin de C x G. Un partido que agora quedara retratado como, non mais, que o partido do fillo de Cuíña Crespo. A única organización seria de C x G foi a da Coruña, axuntánsode á Marea Atlántica. Patética a decisión que tomaron en Ourense, Vigo, Santiago e Pontevedra. Propia da vella política da que proceden algúns dos seus dirixentes: do BNG e da UPG.

1 rassing

Está bem que desprezes os 2 concelhais que sacarom em Lugo em coaliçom com ANova e os 41 no resto do País. Mas no dia depois todos lem os resultados ao seu jeito.

2 Eu mesmo

Vaia, un que non sabe ni que o seu alcume en galego é "laranxo". Con ese nivelazo ha de ser de Age/IU, de certo!!!

3 Luguês

E eu que cria que era A LARANJEIRA (A LARANXEIRA)

4 Reconquista

Onde andades os de "Rafa Cuiña é un bluff", etc, etc Menudo crack!!!!!

1 De Lalín

No mesmo sitio. O interesante é o que se conseguiu en Coruña ou Compostela. Agora comezan as expropiacións e algún ten moito que perder