Cinco casos de agresión sexual a menores serán xulgados en Galicia a semana que vén

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2023 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

Os tribunais galegos celebrarán a próxima semana, en só dous días, ata cinco xuízos por agresións sexuais a menores, segundo reflicten os sinalamentos facilitados polo TSXG.

En concreto, dous destes casos están sinalados para o martes 10 na Audiencia da Coruña, e outro para o mesmo día na Audiencia de Lugo. O martes tamén se xulgarán dous casos na Audiencia de Pontevedra e na sección quinta, con sede en Vigo, haberá vistas por un último caso o martes e mércores

No caso da Coruña, sentará no banco un home acusado de agredir sexualmente de forma continuada a unha menor coa que convivía entre 2010 e 2017, para o que Fiscalía pide 12 anos de prisión. Tamén se xulgará a un home que fixo tocamentos a unha nena na rúa a inicios deste 2023, e que se enfronta a 8 anos de cárcere.

A Audiencia de Lugo, pola súa banda, acollerá a vista contra un home acusado de tocamentos e bicos a unha menor coa que tiña unha relación de familiaridade e coa que convivía. O Ministerio Público pide para el seis anos de cárcere.

Finalmente, na Audiencia de Pontevedra celebrarase a vista contra un home para o que Fiscalía pide 10 anos de prisión por agresión sexual a unha menor en distintos momentos de 2018, "sen que mediase violencia nin intimidación" e a sección quinta, con sede en Vigo, sentará no banco o martes e mércores a unha traballadora social acusada de agredir sexualmente a unha nena de 13 anos que coñeceu nun centro de menores no que traballou.

Sede TSXG. EUROPA PRESS - Arquivo
Sede TSXG. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta