O xefe de servizo do centro de saúde de Cangas falece despois de precipitarse dunha montaña en Palencia

Os feitos aconteceron no Pico Espigüete.

Por E.P. | Santiago | 08/10/2023 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

O xefe de servizo do centro de saúde de Cangas do Morrazo, Benigno Villoch, faleceu este sábado tras precipitarse desde unha altura duns 100/200 metros no Pico Espigüete, en Palencia, a cima máis característica da montaña palentina.

Os feitos producíronse sobre as 14,06 horas deste sábado, momento no que a sala de operacións do Centro de Emerxencias 112 de Castela e León recibiu unha chamada que alertaba dun incidente no mencionado pico e solicitaba asistencia para un home ferido tras precipitarse desde unha gran altura.

Con esta información, o Centro de Emerxencias deu aviso deste incidente ao Grupo de Rescate Especial de Intervención en Montaña (GREIM) da Garda Civil, que acudiu ao lugar dos feitos para proceder ao rescate do home, segundo informaron fontes do 112 a Europa Press.

Este domingo, a xerencia, o equipo directivo e a profesionais da área sanitaria de Vigo manifestaron a súa "profunda dor pola perda en tan tráxicas circunstancias" do seu compañeiro e amigo Benigno Villoch, así como enviaron as súas condolencias aos seus familiares e amigos.

Ademais, fontes da Consellería de Sanidade manifestaron que o titular do departamento autonómico, Julio García Comesaña, telefonou á familia ao coñecer o seu falecemento para trasladarse o pésame persoal e de toda a Consellería e ofreceu a súa axuda, se fose necesario.

Villot
Villot

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta