Morre unha persoa despois dunha saída de vía en Barro

O accidente produciuse á altura de Curro, no km.110 da PO-531.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2023 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

Unha persoa faleceu esta mañá tras saírse da vía o vehículo no que viaxaba en Barro. Segundo informou o 112 a Europa Press, foi un particular o que alertou ao servizo ao redor das 12,30 horas. O accidente produciuse á altura de Curro, no km.110 da PO-531.

Tras dar aviso ao 061, mobilizouse ao helicóptero medicalizado con base en Ourense e unha ambulancia de soporte vital básico, xa que a Garda Civil informaba de que podería haber unha persoa atrapada no interior do vehículo.

Tamén se pediu a colaboración de Protección Civil, do GES de Sanxenxo e dos Bombeiros de Pontevedra e O Morrazo. Foron estes os que informaron de que a persoa á que houbo que excarcerar falecera.

Helicóptero medicalizado atendendo a unha persoa nunha praia
Helicóptero medicalizado atendendo a unha persoa nunha praia | Fonte: 061

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta