Proceden á detención dun garda civil atrincheirado durante horas nun piso de Vilagarcía cunha muller

Ten unha orde de afastamento contra a súa exparella, que non era a muller coa que se atrincheirou no piso.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2023 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

Un Garda Civil atrincheirouse esta madrugada durante horas nun piso de Vilagarcía de Arousa  cunha muller, á que dirixía ameazas.

Segundo fontes próximas á investigación, algúns veciños alertaron ás forzas de seguridade do que estaba a ocorrer ao escoitar as ameazas que profería o home que, segundo confirman, non posuía armas.

Tras varias horas de negociación para que o home saíse da vivenda, e mediante a intervención dos Grupos Operativos Especiais de Seguridade (GOES), o home acabou saíndo voluntariamente ao redor das 4,00 horas.

Agora mesmo está en dependencias policiais, detido. Ten unha orde de afastamento contra a súa exparella, que non era a muller coa que se atrincheirou no piso.

Coche da Policía Nacional
Coche da Policía Nacional | Fonte: POLICÍA NACIONAL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta