Centros galegos do mundo proxectarán películas "made in Galicia"

Entre elas, 'Cuñados', 'O que arde', 'A Esmorga' e 'Ons'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2023 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

Catro centros galegos situados en Arxentina, Venezuela e Reino Unido proxectarán desde este xoves cinco películas gravadas en Galicia: 'Cuñados', 'Matria', 'O que arde', 'A Esmorga' e 'Ons'.

Esta iniciativa é froito da colaboración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta e a Fundación Araguaney, a través do programa 'Galicia é Cinema'. Estas cinco longametraxes audiovisuais poderanse ver a partir do xoves no Centro Galego de Río Gallegos, en Arxentina, e máis tarde proxectaranse no Centro Cultural España de Córdoba, no mesmo país, no Centro Galego de Londres e na Irmandade Galega de Venezuela, en Caracas.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reivindicou este proxecto "de difusión da cultura audiovisual galega" nun momento de "gran éxito" para o sector en Galicia.

O presidente da Fundación Araguaney, Ghaleb Jaber Martínez, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda
O presidente da Fundación Araguaney, Ghaleb Jaber Martínez, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta