A ponte do Pilar remata con dous mortos nas estradas galegas

O 061 atendeu a 69 persoas durante o fin de semana en Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2023 | Actualizada ás 15:57

Comparte esta noticia

O 061 atendeu a 69 persoas durante o fin de semana en Galicia debido a sinistros de circulación, das cales unha faleceu no propio lugar do accidente. Na ponte do Pilar, segundo datos da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), Galicia rexistrou dous mortos --en Carballo (A Coruña) e en Cuntis (Pontevedra)--.

En canto ao balance sanitario do 061, o servizo atendeu a 69 persoas como consecuencia de 50 sinistros de circulación entre as 15 horas do venres 13 de outubro e as 23,59 do domingo 15 de outubro. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 20 accidentes de tráfico.

Durante estes días, o 061 recibiu 71 chamadas en relación aos accidentes, que xeraron 71 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 50 asistencias sanitarias por parte do persoal para atender a 69 pacientes, dos cales o 53 por cento foron mulleres. O 24 por cento das persoas atendidas tiña entre 25 e 39 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou, con 21; seguida da Coruña, con 19; Lugo, con oito; e Ourense, que rexistrou dous sinistros.

Helicóptero recolle a un atropelado nun accidente de tráfico / URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA / Europa Press
Helicóptero recolle a un atropelado nun accidente de tráfico / URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta